Acerca de Mapas
Se o dispositivo ten mapas dispoñibles ou está inserida unha tarxeta de memoria, pode
exploralos sen dispoñer dunha conexión á Internet. Se consulta unha zona que non está
incluída nos mapas xa descargados no dispositivo, o mapa da zona descárgase
automaticamente da Internet. É posible que se lle solicite que seleccione un punto de
acceso para empregar coa conexión á Internet.
A descarga de mapas pode implicar a transmisión de grandes cantidades de datos a
través da rede do fornecedor de servizos. Póñase en contacto co seu fornecedor de
servizos para obter información acerca das tarifas de transmisión de datos.
Tamén pode utilizar o software de PC Nokia Map Loader para descargar mapas ao
dispositivo. Para instalar Nokia Map Loader nun PC compatible, visite a páxina
www.nokia.com/maps.
Seleccione
Menú
>
Aplicacións
>
Mapas
e entre as seguintes:
Último mapa — Permite abrir o último mapa amosado.
Buscar enderezo — Permite buscar un enderezo concreto.
Situac. gardadas — Permite atopar unha localización gardada no dispositivo.
Últim. situacións — Permite ver as localizacións exploradas.
Posición actual — Permite ver a súa localización actual, se dispón dunha conexión GPS
dispoñible.
Planificar ruta — Permite planificar unha ruta.
Servizos extra — Permite adquirir unha licenza para a navegación.
Axustes — Permite definir os axustes.
Case toda a cartografía dixital é imprecisa e está incompleta ata certo punto. Nunca
confíe só na cartografía descargada para utilizarse neste dispositivo.