Nokia Map Loader
Grazas á aplicación Nokia Map Loader para PC, pode descargar mapas e ficheiros de
orientación por voz da Internet. Cómpre inserir no dispositivo unha tarxeta de memoria
con espazo suficiente. Cómpre utilizar a aplicación Mapas e explorar mapas polo menos
unha vez antes de empregar Nokia Map Loader, xa que emprega a información do
historial de Mapas para comprobar que versión dos mapas desexa descargar.
Para instalar Nokia Map loader, visite a páxina www.nokia.com/maps e siga as
instrucións.
30 Aplicacións
Descargar mapas con Nokia Map Loader
1 Conecte o dispositivo ao ordenador mediante un cable de datos USB compatible ou
a conexión Bluetooth. Se utiliza un cable de datos, seleccione PC Suite como método
de conexión USB.
2 Abra Nokia Map Loader no ordenador.
3 Seleccione un continente e un país ou rexión.
4 Seleccione os mapas ou servizos e descárgueos e instálelos no dispositivo.
Na ficha Servizo de Nokia Map Loader pode adquirir licenzas de navegación e
información de tráfico, guías de viaxes e descargar mapas.