Nokia 7230 - Receptor GPS

background image

Receptor GPS

O dispositivo non dispón dun receptor GPS interno. Para utilizar aplicacións que requiran

unha conexión GPS, utilice un receptor externo GPS compatible (o accesorio véndese por

separado).
Utilizar un receptor externo GPS

1 Cargue o receptor GPS compatible completamente e acéndao.

2 Configure unha conexión Bluetooth entre o dispositivo e o receptor GPS.

3 Sitúe o receptor GPS nunha posición cunha vista clara do ceo.

4 Abra a aplicación Mapas e seleccione o receptor externo GPS.
Tras emparellar o dispositivo cun receptor GPS externo, o dispositivo pode tardar algúns

minutos en amosar a localización actual.
Pode utilizar o GPS como apoio para a aplicación Mapas. Atope a súa localización ou

mida distancias.
Tamén pode usar a aplicación Mapas sen un receptor GPS para explorar mapas, buscar

enderezos e localizacións e planificar rutas.