
Facer e responder unha chamada
Para facer unha chamada, introduza o número de teléfono, incluíndo o prefixo do país
e o da zona, se fose necesario, e prema a tecla de chamada. Para axustar o volume dos
auriculares durante a chamada de teléfono, desprácese arriba ou abaixo.
Para responder a unha chamada entrante, prema a tecla de chamada. Para rexeitar a
chamada sen responder, prema a tecla de fin.