Tecnoloxía inalámbrica Bluetooth
A tecnoloxía Bluetooth permite conectar o dispositivo mediante ondas de radio a un
dispositivo Bluetooth compatible situado a unha distancia de ata 10 metros.
O dispositivo é compatible coa especificación Bluetooth 2,1 + EDR que admite os
seguintes perfís: Perfil de acceso telefónico a redes (DUN), Perfil de transferencia de
ficheiros (FTP), Perfil de acceso xeral (GAP), Perfil de intercambio de obxectos xenérico
(GOEP), Perfil de mans libres (HFP), Perfil de auriculares (HSP), Perfil de envío de obxectos
(OPP), Perfil de acceso á guía telefónica (PBAP), Perfil de porto serie (SPP), Perfil de
aplicación de descubrimento de servizos (SDAP), Perfil de acceso á SIM (SAP) . Para
asegurar a interoperabilidade con outros dispositivos que dispoñan de tecnoloxía
Bluetooth, utilice accesorios Nokia homologados para este modelo. Póñase en contacto
cos fabricantes dos outros dispositivos para obter información sobre a compatibilidade
con este dispositivo.
22 Configuración
As funcións que utilizan a tecnoloxía Bluetooth aumentan o consumo de enerxía e
reducen a duración da batería.
Se o dispositivo sen fíos está en modo SIM remoto, só poderá utilizar un accesorio
conectado compatible, como un kit de automóbil, para efectuar ou recibir chamadas.
O dispositivo sen fíos non efectuará ningunha chamada, excepto aos números de
emerxencia programados no dispositivo, cando se atope en modo SIM remoto.
Para efectuar chamadas, primeiro deberá abandonar o modo SIM remoto. Se se
bloqueou o dispositivo, primeiro insira o código de bloqueo para desbloquealo.
Apertura dunha conexión Bluetooth
1 Seleccione
Menú
>
Axustes
>
Conectividade
>
Bluetooth
.
2 Seleccione
Nome do meu tlf.
e insira un nome para o seu dispositivo.
3 Para activar a conectividade Bluetooth, seleccione
Bluetooth
>
Activado
. indica
que a conectividade Bluetooth está activa.
4 Para conectar o dispositivo a un accesorio de son, seleccione
Conex. a acc. audio
e o accesorio.
5 Para emparellar o dispositivo con calquera dispositivo Bluetooth que se atope
dentro do alcance, seleccione
Disposit. vinculados
>
Engadir novo disp.
.
6 Desprácese ata un dispositivo atopado e seleccione
Engadir
.
7 Insira un código (de ata 16 caracteres) no dispositivo e estableza a conexión co
outro dispositivo Bluetooth.
Utilizar o dispositivo en modo oculto é un modo máis seguro de evitar o software
daniño. Non acepte conexións Bluetooth de fontes non fiables. Se o prefire, desactive a
función Bluetooth. Isto non afecta ás demais funcións do dispositivo.
Conexión do ordenador á Internet
É posible empregar a tecnoloxía Bluetooth para conectar un ordenador compatible á
Internet. O dispositivo debe poder conectarse á Internet (servizo de rede) e o ordenador
debe ser compatible coa tecnoloxía Bluetooth. Unha vez establecida a conexión co
servizo de punto de acceso á rede (NAP) do dispositivo e de emparellar o mesmo co
ordenador, o dispositivo abrirá automaticamente unha conexión de paquetes de datos
á Internet.