
Mensaxes multimedia
Unha mensaxe multimedia pode conter texto, imaxes, sons e videoclips.
16 Enviar mensaxes

Só os dispositivos que dispoñen de funcións compatibles poden recibir e visualizar
mensaxes multimedia. É posible que a aparencia das mensaxes varíe en función do
dispositivo de recepción.
É posible que a rede sen fíos limite o tamaño das mensaxes MMS. Se a imaxe inserida
excede este límite, o dispositivo pode reducila para que se poida enviar por MMS.
Importante: Teña precaución ao abrir as mensaxes, xa que é posible que conteñan
software nocivo ou daniño para o dispositivo ou o ordenador.
Se desexa obter información sobre a dispoñibilidade e a subscrición ao servizo de
mensaxería multimedia (MMS), póñase en contacto co seu fornecedor de servizos.