Actualizacións de software mediante o ordenador
Nokia Software Updater é unha aplicación para PC que lle permite actualizar o software
do seu dispositivo. Para poder actualizar o software do seu dispositivo, necesita un
ordenador compatible, acceso a internet de banda ancha e un cable USB compatible
para conectar o dispositivo ao ordenador.
6
Información xeral
Para obter máis información, para consultar as notas das versións de software máis
recentes e para descargar a aplicación Nokia Software Updater, visite as páxinas
seguintes: www.nokia.com/softwareupdate ou o sitio web local de Nokia.
Para actualizar o software do dispositivo, leve a cabo o seguinte:
1 Descargue e instale a aplicación Nokia Software Updater no seu ordenador.
2 Conecte o dispositivo ao ordenador mediante un cable de datos USB e seleccione
PC Suite
.
3 Abra a aplicación Nokia Software Updater. A aplicación Nokia Software Updater
informaralle de como facer copias de seguridade dos seus ficheiros, actualizar o
software e restaurar os seus ficheiros.