Asistencia técnica
Se desexa máis información acerca do uso do seu produto, ou se non está seguro do
funcionamento do seu teléfono, consulte a guía do usuario, as páxinas de axuda en
www.nokia.com/support ou o sitio web de Nokia para o seu país. Se prefire facelo dende
o teléfono móbil, visitewww.nokia.mobi/support.
Se así non se resolve o seu problema, tente unha das seguintes opcións:
•
Reinicie o teléfono: apague o teléfono e retire a batería. Pasado un minuto, volva
a colocar a batería e acenda o teléfono.
•
Restableza a configuración orixinal de fábrica do modo indicado na guía de usuario.
•
Actualice o software do seu dispositivo con regularidade para obter un rendemento
óptimo e posibles funcións novas, como se explica na guía de usuario.
Se continúa sen resolverse o problema, póñase en contacto con Nokia para obter
información acerca doutras opcións de reparación. Consulte www.nokia.com/repair.
Antes de enviar a amañar o teléfono, lembre facer unha copia de seguridade dos datos
do teléfono.
Información xeral
7