Bloqueo do teclado
Para non premer as teclas de xeito accidental, peche o teléfono e seleccione
Bloquear
nun espazo de 5 segundos para bloquear o teclado.
Para desbloquear o teclado, seleccione
Desbloq.
>
Aceptar
ou abra o teléfono. Se a
protección do teclado está activada, insira o código de seguridade cando se lle solicite.
Para que o teclado se bloquee automaticamente logo dun tempo especificado cando o
teléfono estea no modo de espera, seleccione
Menú
>
Axustes
>
Teléfono
>
Bloq.
teclado autom.
>
Activado
.
Para responder unha chamada cando o teclado estea bloqueado, prema a tecla de
chamada. Cando remate ou rexeite a chamada, o teclado bloquearase
automaticamente.
Se o dispositivo ou o teclado se atopan bloqueados, será posible efectuar chamadas ao
número de emerxencia oficial programado no dispositivo.