
Web ou Internet
Pode acceder a varios servizos de Internet co navegador do seu teléfono. A presentación
das páxinas web pode variar segundo o tamaño da pantalla. Pode que non vexa todos
os detalles das páxinas web.
Dependendo do teléfono, é posible que a función de navegación web aparezca no menú
como Web ou Internet, denominada en diante Web.
Importante: Utilice só servizos fiables e que ofrezan seguridade e protección axeitada
contra software daniño.
32 Web ou Internet

Para coñecer a dispoñibilidade destes servizos, os prezos e as instrucións, póñase en
contacto co seu fornecedor de servizos.
Pode recibir os parámetros de configuración necesarios para navegar como unha
mensaxe de configuración do seu fornecedor de servizos.